Estas escolas unitarias foron clave na educación da sociedade galega durante todo o século XX, soamente a partires de finais dos anos 70 foi máis común a construcción de edificios máis grandes que albergaran o aumento do alumnado da segunda metade do século XX. Dende fai poucos anos, existe unha opción intermedia moi interesante que combina as ventaxas destes dous modelos anteriores e que son os C.R.A. (Colexio Rural Agrupado); que agrupa as escolas unitarias de diferentes nucleos pobocacionais dun mesmo concello compartindo deste xeito recursos como profesorado, materiais, actividades..... É unha opción moi beneficiosa para evitar o desplazamento de alumnos a outros núcleos e poder levar a cabo unha aprendizaxe mais adecuado as súas necesidades. Eu podo aportar a miña experiencia profesional posto que durante 4 anos traballei no C.R.A. Amencer situado no concello de Ribadavia. Experiencia moi positivo, tanto polos profesionais cos que compartín o traballo como polas inciativas que levamos a cabo relacionadas cas aprendizaxes plantexadas.
Deixovos como sempre un par de enlaces, no primeiro podedes ver o trailer do documental e no segundo deixovos o enlace da productora que realiza o documental por se queredes ampliar a información.