Bo día¡ Hoxe celébrase en Galicia o Día do Ensino 2014. Mentrés a metade do país anda a lembrarse das nosas familias porque hoxe é festivo e non sabe moi ben onde levar ós seus fillos, a outra metade deberíamos parar un pouco a pensar sobre o traballo que temos.
Ese traballo que ás veces fainos perder os nervios e ás veces fainos crer que o futuro será mellor que o presente. Ás veces pensamos que podemos cambiar o mundo a través dos nosos alumnos e outras veces cremos que non hai solución fagamos o que fagamos. Disfrutemos deste día os que coñecemos este traballo e sabemos que foi unha das mellores decisións que tomamos na vida. Por un día, témolo ben merecido.
Déixovos un video un pouco longo pero que merece a pena do gran mestre E. Punset sobre a evolución do ensino a través dos tempos; certamente interesante, espero que vos guste. Especialmente ilustrativo o mensaxe que nos manda o rapaz que fala dende o minuto 11. Escoitade o que nos demandan. Bo Día do ENSINO a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario