viernes, 18 de septiembre de 2015

Novo Curso

Boas compañeiros, levo ben de tempo sen publicar nada pero pouco a pouco e unha vez iniciado o presente curso pretendo volver ás rutinas propias do noso traballo. Deste xeito, hoxe toca publicar posto que é venres. 
De cara a este curso pensei en dúas posibilidades, a primeira delas é traballar nunha serie de películas que tiveran como temática principal a labor docente para intentar debatir entre todos sobre a mesma. Para esto conto coa inestimable colaboración de Iñaki Novóa que tivo a ben pasarme unha lista de filmes que teñen moi boa pinta pero que aínda non tiven tempo de ver, así que o cineforum educativo quedará posposto ata o segundo trimestre.
A outra posibilidade que pensei para este curso é o estudo das grandes instucións educativas e mestres da nosa cidade que levan educando a xeracións e xeracións dende principios do século XIX. A esta tarefa adicarei este principio de curso e concretamente hoxe preséntovos a insitución educativa de referencia na cidade de Ourense: o Centro Provincial de Instrucción conocido na actualidade como IES Otero Pedrayo. Durante a primeira metade do século XIX xurdiron en España numerosas iniciativas para crear na maioría das provincias centros de segundo ensino. Ourense non podía ser menos e o 1 de Novembro de 1845 inaugurábase baixo a dirección de Florencio Valdés.




Nun primeiro momento situarase no Colexio da Compañía(compartindo espacio co seminario na actual rúa Lamas Carbajal) e non é ata 1892 que é rematada a problemática construcción do novo edificio, que albergaría o Instituto de Segundo Ensino, a Escola de Artes e Oficios, a Escola normal de Mestres e a Biblioteca Pública. Sufriu un gran incendio en 1927 que afectaría principalmente a súa fachada principal e biblioteca do centro perdendo exemplares de grande valor.



Ata actualidade sufre diversas reformas que lle dan a súa configuración definitiva. Para darse de conta da importancia deste centro na nosa provincia soamente hai que nombrar algún dos mestres que pasaron polas súas aulas: Losada Diéguez, Ferro Couselo, Martínez Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas", Xose Ánxo Valente, Alfredo Conde, Carlos Casares e como non Don Ramón Otero Pedrayo que dun xeito ou outro, promoveron e aumentaron a formación cultural e intelectual de diversas xeracións da nosa cidade e provincia. Que sirva esta publicación para facerlles unha pequena homenaxe. Vémonos para a semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario